Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26577

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (461/2015).

Eu, María Patiño Junquera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, fago saber que neste xulgado se segue o procedemento ordinario 461/2015, por instancia de María Ángeles Senra Toja, representada polo procurador Manuel José Pedreira del Río, contra Several Gifts, S.L. e que, con data do 16 de setembro de 2016, se ditou sentenza en que se acordou estimar a demanda. Contra a citada resolución pódese interpor ante este órgano xudicial, no prazo de vinte días, recurso de apelación.

Co fin de que sirva de notificación en forma a Several Gifts, S.L., que se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino este edicto.

Betanzos, 2 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza