Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26575

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (41/2016).

Eu, Paula Andrea Arango Campuzano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento modificación de medidas contenciosas seguido por instancia de Nuria Durán Froufe fronte a Manuel Fernando Rodrigues Jorge ditouse sentenza, cuxo teor literal extractado é o seguinte:

«Sentenza de modificación de medidas definitivas

Sentenza 1308/2016

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 24 de novembro de 2016.

Vistos os presentes autos número 41/16, sobre modificación de medidas, promovidos polo procurador Sr. Tovar, en nome e representación de Nuria Durán Froufe como demandante, asistido pola letrada Sra. Suárez, fronte a Manuel Fernando Rodrigues Jorge declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal

Resolución:

Estimo a demanda interposta o procurador Sr. Tovar en nome e representación de Nuria Durán Froufe fronte a Manuel Fernando Rodrigues Jorge e declaro a modificación das medidas acordadas na Sentenza do 9.9.2014 nos autos de garda, custodia e alimentos de mutuo acordo 922/14 nos seguintes termos:

Suspéndese o réxime de visitas que Manuel Fernando Rodrigues Jorge tiña cos seus fillos M.D.R., A.D.R. e T.D.R.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal, debendo constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza»

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Fernando Rodrigues Jorge, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 29 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza