Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25164

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

CÉDULA de notificación (169/2017).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Que, estimando na súa integridade a demanda de xuízo verbal presentada por María Elisángela da Sila, representada pola procuradora sra. Ceinos Real e asistida da letrada sra. Rey Rey, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorreren dous fillos menores de idade, fronte a Francisco Sousa do Nascimento, maior de idade, indicado en autos e declarado en rebeldía procesual, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1º. Atribución á demandante da garda e custodia sobre ambos os dous menores, con titularidade compartida de patria potestade pero exercicio exclusivo da patria potestade da demandante en cuestións médicas e educativas, así como en todo o atinente a saídas do territorio nacional e elección de domicilio, empadroamento, obtención de pasaporte e DNI ou renovación dun ou outro e cuestións administrativas análogas.

2º. Suspensión de todo réxime de estadías e comunicación.

3º. Pensión de alimentos de 100 €/mes, que aboará o demandado a cada menor de xeito anticipado nos 5 primeiros días de cada mes, na conta bancaria que designe a demandante, con actualización anual na data do 1 de xaneiro de cada ano, conforme a variación anual precedente do IPC.

4º. Aboamento por metade dos gastos extraordinarios de ambos os dous menores.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución por parte da Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458, ss. e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 € previsto na D.A. 15ª da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe.

Auto:

Santiago de Compostela, vinte e sete de abril de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito:

Único. No presente procedemento ditouse Sentenza núm. 169/2017, do 18.4.2017. Con data do 26.4.2017 aceptouse escrito da procuradora sra. Ceinos Real en que solicitaba a aclaración da devandita sentenza en relación cos nomes da parte demandante, así como dos seus fillos.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 214 da Lei de axuizamento civil que os erros materiais ou aritméticos dos que adoeza unha resolución xudicial poderán ser modificados polo xuíz ou tribunal que a tivese ditado.

Parte dispositiva:

Acordo:

Rectificar a sentenza a que se refire no feito único no sentido de que os nomes correctos da demandante e dos seus fillos son: María Elisángela Afonso da Silva, Marcelo Thava Afonso do Nascimento e Gabriel Afonso do Nascimiento.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes comparecidas e ao Ministerio Fiscal.

Contra a presente resolución non cabe interpor recurso ningún.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

O maxistrado xuíz              A letrada da Administración de xustiza».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, expídese a presente cédula para que sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza