Convocada por resolución LD-02/2017, do 20 de febreiro (DOG nº 55, do 20 de marzo), a provisión de dous postos de supervisor/a da Área Funcional de Recursos Humanos, polo sistema de libre designación, esta Xerencia de Xestión Integrada, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol; Orde do 28 de setembro de 2011, polo que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de supervisor/a da Área Funcional de Recursos Humanos, realizada mediante resolución
LD-02/2017, do 20 de febreiro (DOG nº 55, do 20 de marzo).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, as persoas relacionadas no anexo á presente resolución.
Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.
Ferrol, 3 de maio de 2017
Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol
ANEXO
1. Posto de traballo: supervisora da Área Funcional de Recursos Humanos.
Nome e apelidos: María Pilar Oceja Gómez.
DNI: *****388D.
2. Posto de traballo: supervisora da Área Funcional de Recursos Humanos.
Nome e apelidos: Begoña Vidal Maroño.
DNI: *****897T.