Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22604

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 965/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 965/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Conde Fernández contra Avipaco, S.L., Francisco Barizo Puñal e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 190/2017.

A Coruña, 6 de abril de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 965/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Manuela Conde Fernández, representada polo letrado Jaime López Dequidt, contra Avipaco, S.L., Francisco Barizo Puñal e Fogasa, que non comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolvo:

Que, considerando que a parte demandante desiste da súa pretensión fronte a Francisco Barizo Puñal, debo estimar e estimo a demanda presentada por Manuela Conde Fernández e condeno a empresa Avipaco, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 692,87 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, no día da súa data, do que eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Avipaco, S.L. e Francisco Barizo Puñal, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza