Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22606

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 497/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 497/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Silverio Torres Roncagliolo contra a empresa Suntoaza, S.L., se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Acordo:

– Considerar que José Silverio Torres Roncagliolo desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Suntoaza, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco de Santander, S.A. e indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes».

E para que sirva de notificación en legal forma a Suntoaza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza