Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22608

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 908/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 908/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Cayetano Antelo García contra a empresa A1 Subescaleras, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Ramón Cayetano Antelo García contra A1 Subescaleras, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 6.539,23 euros, polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, respecto dos conceptos salariais que ascenden a 3.706,75 euros, e os xuros do artigo 1108 do Código civil desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución respecto do importe correspondente a gastos e indemnización por despedimento obxectivo, que ascende a 2.832,48 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a A1 Subescaleras, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza