Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22602

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (431/2016).

Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, fai saber que no presente procedemento de divorcio contencioso, seguido por instancia de Ángela Caneda González contra Francisco García Casais, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Ribeira, 9 de marzo de 2017.

Vistos por min, Félix Isaac Alonso Peláez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 deste partido xudicial, os presentes autos seguidos co número 431/2016, por instancia de Ángela Caneda González, representada en autos pola procuradora Sra. Martínez Rodríguez e baixo a dirección da letrada Sra. Poch Mariño, contra Francisco García Casais, en situación procesual de rebeldía, sobre divorcio contencioso.

Resolución:

Estímase a demanda de divorcio presentada por Ángela Caneda González, representada en autos pola procuradora Sra. Martínez Rodríguez, contra Francisco García Casais e, en consecuencia, declárase a disolución definitiva do matrimonio por divorcio dos cónxuxes litigantes, con disolución do réxime económico matrimonial polo cal se viña rexendo.

Non se fai expreso pronunciamento sobre as custas.

En canto sexa firme a presente sentenza, ou o seu pronunciamento respecto do matrimonio (artigo 774.5 da LAC), cúmprase o disposto no artigo 755 da LAC, e comuníquese ao Rexistro Civil competente para a práctica dos asentos que correspondan.

Notifíquese a presente resolución ás partes. Contra esta sentenza cabe recurso de apelación, que se deberá interpor no prazo de vinte días a partir da súa notificación, conforme o previsto na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Dilixencia. Seguidamente se cumpre o acordado. Dou fe».

E ao estar o dito demandado, Francisco García Casais, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ribeira, 3 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza