Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22439

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (952/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 952/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Gabriel Aróstegui Martínez contra Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado de Social número 2 de reforzo da Coruña

Sentenza: 192/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 952/2016

Demandante: José Gabriel Aróstegui Martínez

Letrada: Sra. Fernández Casamichana

Demandada: Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L.

Sentenza.

A Coruña, 30 de marzo de 2017

Fallo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Gabriel Aróstegui Martínez fronte a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno á demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación a aboar pola empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 1.110,26 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 44,86 €/día.

3º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por José Gabriel Aróstegui Martínez fronte a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 5.261,20 euros en concepto de salarios así como os xuros de mora do artigo 29.3 do ET.

4º. O Fogasa deberá de pasar polo resolto nesta resolución dentro dos límites do artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza