Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1007/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1007/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Ibon Carro contra Cosmetológicas SB, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1007/2014.

Demandante: Ricardo Ibon Carro

Letrado: Sr. Echagüe Pérez Montero.

Demandados:

Cosmetológicas SB, S.L.

Fogasa

Letrado: Sr. Crespi Rodríguez.

Resolución

1. Estimo a demanda formulada por Ricardo Ibon Carro fronte a Cosmetológicas SB, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia:

a) Condeno o Fogasa a pagarlle ao primeiro a suma de 4.353,55 euros en concepto de indemnización polo seu despedimento obxectivo do 18.1.2013 conforme o artigo 33 ET.

b) Condeno a Cosmetológicas SB, S.L. a pagarlle ao primeiro a suma de 802,80 euros en concepto de indemnización polo seu despedimento obxectivo do 18.1.2013.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cosmetológicas SB S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza