Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22435

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1020/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1020/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Teijo Caínzo, María Ángeles Aldao Rodríguez, Guillermina Rebollo Mellado e María Begoña Fuentes Somozas contra Industria Textil Rare, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

Sentenza 169/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 1020/2014

Demandantes: Rosa María Teijo Caínzo; María Ángeles Aldao Rodríguez; María Begoña Fuentes Somozas; Guillermina Rebollo Mellado

Letrada: Sra. Vázquez Méndez

Demandada: Industria Textil Rare, S.L.

Fogasa

Sentenza.

A Coruña, 23 de marzo de 2017.

Resolvo:

Estimo a demanda formulada polas demandantes contra Industria Textil Rare, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlles ás primeiras as cantidades que se concretan a seguir:

A María Begoña Fuentes Somoza: 449,17 euros.

A María de los Ángeles Aldao Rodríguez: 463,50 euros.

A Rosa María Teijo Caínzo: 494,62 euros.

A Guillermina Rebollo Mellado: 350,19 euros.

Así como os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto de cada unha destas cantidades.

O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución dentro dos límites que legalmente procedan.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Industria Textil Rare, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza