Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (85/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 85/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Rodríguez Rey contra Movimiento de Mercancías, S.L.U., Red de Servicios de Implantaciones, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 85/2016.

Demandante: Jesús Rodríguez Rey.

Letrado: Sr. Vales Raña.

Demandado:

Movimiento de Mercancías, S.L.U.

Letrado:

Red de Servicios de Implantaciones, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza nº 173/2017.

Resolvo:

1. Estimo a demanda formulada por Jesús Rodríguez Rey contra Red de Servicios de Implantaciones, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 3.654,87 euros en concepto de salarios debidos.

2. O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución dentro dos límites legalmente previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

3. Tense por desistido o demandante da pretensión dirixida contra a empresa Movimiento de Mercancías, S.L.U.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Para que sirva de notificación en legal forma a Movimiento de Mercancías, S.L.U. e Red de Servicios de Implantaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza