Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22442

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 958/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 958/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de Andrés Moure Seoane, contra Rasgos Digital, S.L., Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Reforzo

A Coruña

Sentenza: 181/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade 958/2014

Demandante: Andrés Moure Seoane

Letrada: Sra. Rodríguez Amoroso

Demandados: Rasgos Digital, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrado:

Sentenza nº 181/2017.

A Coruña, 3 de abril de 2017.

Fallo:

1. Estimo a demanda formulada por Andrés Moure Seoane fronte a Rasgos Digital, S.L., e en consecuencia, condeno a esta a pagarlle ao primeiro a suma de 6.027,97 euros en concepto de salarios e liquidación debidos, así como os xuros do artigo 29.3 ET.

2. O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rasgos Digital, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza