Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19443

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1016/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1016/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Manuel Abel Márquez contra Comercial Electrónica Ricardo, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentencia 172/2017

PO. Procedimiento ordinario 1016/2014

Procedemento de orixe: /

Sobre: ordinario

Demandante: Ángel Manuel Abel Márquez

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Comercial Electrónica Ricardo, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Sentenza

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1016/2014 sendo parte neste, como demandante/s, Ángel Manuel Abel Márquez, asistido da letrada Sra. Romero Salgado; e, como demandado/s, o Fondo de Garantía Salarial (en diante, Fogasa), asistido polo letrado Crespi Rodríguez, e Comercial Electrónica Ricardo, S.L., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Fallo:

Admítese a demanda interposta por Ángel Manuel Abel Márquez fronte ao Fogasa e Comercial Electrónica Ricardo, S.L., e, en consecuencia, declárase o dereito do demandante a percibir o 40 % da indemnización por despedimento na cantidade reclamada de 9.376,75 euros, con condena ao Fogasa ao seu aboamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ostente o carácter de traballador ou habente-causa súa ou beneficiaria do réxime público de seguridade social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na «conta de depósitos e consignacións» aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Electrónica Ricardo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza