Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19440

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (791/2014).

PO. Procedemento ordinario 791/2014

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: Roberto Carlos Vaz Rodríguez

Graduado social: Alfonso Carballo Jardón

Demandados: Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Sotegal de Enerxías, Manuel Lombardía Rodríguez, Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 791/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Carlos Vaz Rodríguez contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Sotegal de Enerxías, Manuel Lombardía Rodríguez e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 791/2014, sendo parte nel, como demandante, Roberto Carlos Vaz Rodríguez, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, e, como demandados, Coruñesa de Ahorro Energético, S.L., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Sotegal de Enerxías, Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Manuel Vázquez Cabo e, en calidade de administrador concursal de Coruñesa de Ahorro Energético, S.L., Ramón Juega Cuesta, que non comparecen malia a súa citación en legal forma, como tampouco o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Roberto Carlos Vaz Rodríguez contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L., Galega de Técnicas e Investimentos, Sotegal de Enerxías, Esinor Sistemas, S.L.U, Pocomaco Inversiones, S.A.U. e Manuel Lombardía Rodríguez e, en consecuencia, condénanse solidariamente os demandados a que lle aboen ao demandante a cantidade de 18.361,72 euros, dos cales 2.765,10 euros se verán incrementados no 10 % de xuro por mora. O administrador concursal deberase ater a tal declaración e condena, sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na “conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. Poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Sotegal de Enerxías e Manuel Lombardía Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza