Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19445

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 104/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 104/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Pamela Iglesias Mena contra Silvia Suárez Domínguez e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 173/2017

Procedemento ordinario 104/2015

Sobre: ordinario

Demandante: Carmen Pamela Iglesias Mena

Demandados: Silvia Suárez Domínguez, Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: Fogasa

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario seguidos neste Xulgado co número 104/2015, en que son parte, como demandante, Carmen Pamela Iglesias Pena, asistida pola letrada Sra. Verde Crespo, e como demandados o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), asistido polo letrado Sr. Crespi Rodríguez, e Silvia Suárez Domínguez, que non comparece, malia a súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes

Resolución

Estímase a demanda interposta por Carmen Pamela Iglesias Pena fronte ao Fogasa e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.331,84 euros nos termos do suplico da demanda, debendo estar as demais partes e pasar por tal declaración.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Silvia Suárez Domínguez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza