Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 3 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación dunha resolución de extinción da autorización de instalación e localización.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución sobre extinción da autorización de instalación e localización para máquinas tipo A especial e B, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, situado na avenida da Habana, núm. 79-2º (Ourense), para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Ourense, 3 de abril de 2017

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: EAIL-7/2016.

Empresa operadora: Recreativos Estrella, S.L.

CIF: B27254846.

Último enderezo: estrada Bembibre, nº 236 (Vigo).

Data da resolución: 16.2.2017.

Resolución: extinción da autorización de instalación e localización HO0000864.