De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao titular do establecemento que se especifica no anexo, a resolución do recurso de alzada que se relaciona interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador AC-EP 156/14 tramitado na provincia da Coruña por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, ponse en coñecemento do interesado que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso- administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poida presentar calquera outro recurso que considere conveniente.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
Nº de expediente |
Recorrente |
Enderezo |
Establecemento |
Acto notificado |
Sentido do acto notificado |
AC-EP 156/14 |
José Manuel Santamaría Somoza |
Rebordelo, 31, 15930 Boiro (A Coruña) |
A Pousada das Ánimas |
Resolución do recurso de alzada |
Estimatorio parcialmente |