Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 625/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 625/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rosario Freire Ferreiro contra Tabuata Hostelería, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 625/2015, en que son parte, como demandante, María Rosario Freire Ferreiro, asistida pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez e, como demandado, Tabuata Hostelería, S.L., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase a demanda interposta por María Rosario Freire Ferreiro fronte a Tabuata Hostelería, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 757,76 euros, en concepto de salarios debidos, cos xuros do artigo 29.3 do ET por mora, máis a cantidade de 841,94 euros, en concepto de indemnización por despedimento obxectivo, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación en legal forma a Tabuata Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza