Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 740/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 740/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jacobo Motos Rosillo contra a empresa Rufei Sun y Otro, S.C., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, foi ditada a resolución, cuxa parte dispositiva di:

«Decido:

Ter a Jacobo Motos Rosillo por desistido da acción de reclamación de cantidade por horas extraordinarias exercida na demanda que deu lugar ao presente procedemento ordinario, e decrétase respecto da devandita acción o sobresemento do proceso.

Que, estimando integramente a demanda interposta por Jacobo Motos Rosillo contra Rufei Sun y Otro, S.C., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a suma de 6.101,19 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta resolución e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Rufei Sun y Otro, S.C. a estar e pasar pola devandita declaración e a aboar ao demandante a suma de 6.101,19 euros polos conceptos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Rufei Sun y Otro, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza