Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 627/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 627/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Julia Afonso Caldas contra Limpiezas Secope, S.A. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 627/2015, en que foron parte, como demandante, María Julia Afonso Caldas, asistida polo letrado Sr. Blanco Pérez e, como demandados, Limpiezas Secope, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Resolución estímase a demanda interposta por María Julia Afonso Caldas fronte a Limpiezas Secope, S.A. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.740,32 euros, en concepto de salarios debidos, cos xuros do artigo 29.3 do ET por mora, sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non sexa traballador ou habente causa seu o beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta acredite que consignou como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza