Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 28 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de cancelación dunha inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/0067).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se menciona no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque non foi posible realizar a notificación persoal ao interesado (expediente LU-2013/0067).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución devirá firme.

A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación do correspondente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 28 de marzo de 2017

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

LU-2013/0067

João Luiz Barreto Boaventura

Y2688770S