Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18429

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1111/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1111/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ivonne Alejandro Barreiro contra o Fondo de Garantía Salarial, Gescom Marketing, S.L. e Veigue Gestión, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 24 de marzo de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1111/2016, en que son parte, dun lado como demandante Ivonne Alejandro Barreiro, representada pola letrada María del Carmen Garrido Dalmau, e como demandado Gescon Marketing, S.L., Veigue Gestión, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, sobre despedimento, pronunciou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases, co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido que, estimando a demanda interposta por Ivonne Alejandro Barreiro contra a empresa Veigue Gestión, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 4.418,01 euros. No caso de que opte pola readmisión, a traballadora terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 29,21 euros/día, con absolución de Gescom Marketing, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gescom Marketing, S.L., Veigue Gestión, S.L. e ao seu administrador único Javier Aguilar Fernández, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza