Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18427

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (303/2016).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, por medio deste edicto anuncio que neste procedemento de modificación de medidas 303/2016 se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito.

Decisión:

Estímase a demanda interposta pola procuradora Sra. Rodríguez, en nome e representación de Ana Belén Quintairos Vigara, fronte a José Manuel Merelles Janeiro, declárase a modificación das medidas acordadas na sentenza de divorcio do 5.2.2013 e establécense as seguintes medidas en relación con Benildo Yoana, Daniela e Froilán Merelles Quintairos:

a) Atribúese a garda e custodia dos menores á nai. A patria potestade exercerana compartida ambos os dous proxenitores.

b) Suspéndese o réxime de visitas que o pai puidese ter.

c) Deberá o pai, en concepto de alimentos, ingresar todos os meses a cantidade de 300 euros, na conta que designe o pai, por meses anticipados dentro dos cinco primeiros días de cada mes. A pensión actualizarase anualmente conforme o incremento que experimente o IPC xeral ou o índice que no futuro o substitúa, con referencia ao 1 de xaneiro de cada ano. Así mesmo, impónselle a obriga de sufragar o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social), nos cales non é necesario o previo consentimento das partes, e os non necesarios, nos cales terá que haber consenso nos ditos gastos.

d) A extinción da pensión de alimentos a favor dos fillos e a cargo da nai establecida na sentenza do 5.2.2013.

Non se lle impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme co que dispón o artigo 208.4 LAC, indícase que contra esta resolución cabe preparar, no prazo de cinco días, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC), ante este tribunal, polo Ministerio Fiscal.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.

Ao atoparse o dito demandado, José Manuel Merelles Janeiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 10 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza