Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (27/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 27/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván García Martínez contra Aluminios Alvedro, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Iván García Martínez contra a entidade Aluminios Alvedro, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Aluminios Alvedro, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 7.426,70 euros brutos por salarios devindicados entre xullo e novembro de 2015, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Aluminios Alvedro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza