Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de marzo de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 77/77 e seis máis).

Na sesión celebrada polo Xurado o día 15 de marzo de 2017 figuran os seguintes acordos:

Monte Rañadoiro (expediente 77/77), pertencente aos veciños da parroquia de Vilachambre, do concello de Baralla, clasificado polo Xurado con data do 30 de outubro de 1978, e monte Rañadoiro (expediente 75/77), pertencente aos veciños do lugar de Quintela, no termo municipal de Baralla, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 31 de marzo de 1978. Con data do 18 de outubro de 2016, ten rexistro de entrada escrito de Juan José Otero Pérez, como presidente da comunidade de Vilachambre, que achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre esta comunidade e a de Quintela, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 12 de xullo de 2016 ante o Xulgado de Paz de Baralla; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 2 de febreiro de 2017 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 27/16). O monte Rañadoiro de Vilachambre queda cunha superficie de 90 hectáreas e o monte Rañadoiro de Quintela, cunha superficie de 102 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Rañadoiro (expediente 77/77), pertencente aos veciños da parroquia de Vilachambre, do concello de Baralla, clasificado polo Xurado con data do 30 de outubro de 1978, e monte de Guimarei (expediente 65/77), pertencente aos veciños da parroquia de Guimarei, no termo municipal de Baralla, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 31 de marzo de 1978. Con data do 22 de novembro de 2016, ten rexistro de entrada escrito de Juan José Otero Pérez, como presidente da comunidade de Vilachambre, en que achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre esta comunidade e a de Guimarei, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 25 de maio de 2016, ante o Xulgado de Paz de Baralla; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 20 de febreiro de 2017 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 28/16). O monte Rañadoiro de Vilachambre queda cunha superficie final de 171 hectáreas (tendo en conta a avinza practicada con Quintela) e o monte de Guimarei cunha superficie de 304 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Grande, Pedroso e Queimado (expediente 8/98), pertencente aos veciños da parroquia de Distriz, do concello de Monforte de Lemos, clasificado polo Xurado con data do 14 de decembro de 1999 e monte Santa Bárbara ou da Vide (expediente 5/2002), pertencente aos veciños da parroquia da Vide, no termo municipal de Monforte de Lemos, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 10 de decembro de 2003. Con data do 15 de decembro de 2016, ten rexistro de entrada escrito de José Manuel Rodríguez Rodríguez, como presidente da comunidade da Vide, que achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 2 de decembro de 2016, ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 27 de decembro de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 44/16). O monte Grande, Pedroso e Queimado queda cunha superficie de 98,80 hectáreas e o monte Santa Bárbara ou da Vide, cunha superficie de 117,1 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Camilo (expediente 12/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Martiño de Anllo, do concello de Sober, clasificado polo Xurado con data do 31 de xullo de 1975, e monte Camilo (expediente 14/75), pertencente aos veciños da parroquia de Bolmente, do concello de Sober, clasificado polo Xurado con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 28 de setembro de 2016, ten rexistro de entrada escrito de Domingo Guedella Álvarez, como presidente da comunidade de Anllo-San Martiño, que achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 12 de setembro de 2016, ante o Xulgado de Paz de Sober; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 3 de novembro de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 20/16). O monte Camilo de San Martiño de Anllo queda cunha superficie de 104,7 hectáreas e o monte Camilo de Bolmente, cunha superficie de 687,61 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícanse os devanditos acordos.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 31 de marzo de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo