Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de marzo de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 41/79 e trece máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión do día 17 de setembro de 2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 15 de marzo de 2017 figuran os seguintes acordos:

Monte Rodela e Touzón (expediente 41/79), pertencente aos veciños da parroquia de Viladonga, do concello de Castro de Rei, clasificado polo Xurado con data do 1 de decembro de 1980. Con data do 28 de setembro de 2016, tivo entrada escrito presentado por José Manuel Osorio Lenza, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 6 de febreiro de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Rodela e Touzón (nº 24/16), quedando o monte cunha superficie de 260,46 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Val de Agueiros, O Chao, Os Trollos, Monterredondo, A Silla, Camiño Branco, Rego do San Roque, O Navallo, Val de Rodela, O Belón, A Lagoa, O Amedo, Sentiz, O Louto, O Gorgolo, A Costa, Chá e Subcortiñas (expediente 50/78), pertencente aos veciños da parroquia de Ver, do concello de Bóveda, clasificado polo Xurado con data do 17 de decembro de 1979. Con data do 26 de decembro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para este monte (nº 48/16), unha vez constatado un erro na planimetría resultante da exclusión por sentenza xudicial da parcela 2, polígono 13, aceptada polo Xurado en reunión do 14.12.2011, en que non se reflectía o deslindamento por avinza coa comunidade de Ribas Pequenas que fora anteriormente aprobado en reunión do 12.11.2014. Como consecuencia do anterior, o monte da parroquia de Ver queda cunha superficie de 189,05 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda proceder a realizar os oportunos axustes no expediente, de conformidade co informe do Servizo de Montes.

Monte Montareda e Corredoira (expediente 43/78), pertencente aos veciños da parroquia de Saldanxe, do concello da Pastoriza, clasificado polo Xurado con data do 5 de febreiro de 1979. Con data do 1 de decembro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zona de concentración parcelaria, estimando a inexistencia de menoscabo da integridade do monte e a existencia dun erro na clasificación do monte ao incluír parcelas de concentración con títulos entregados. O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos». Tendo en conta o anterior, o monte Montareda e Corredoira queda cunha superficie de 262,76 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda rectificar o erro constatado e proceder ás oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe do Servizo de Montes.

Monte Regavella e Arufe (expediente 37/78), pertencente aos veciños da parroquia de Corvelle, do concello da Pastoriza, clasificado polo Xurado con data do 5 de febreiro de 1979. Con data do 20 de decembro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 45/16) para a parcela Arufe, constatando a inexistencia de menoscabo da integridade do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Regavella e Arufe queda cunha superficie de 152,48 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Arufe de Aldoar (expediente 38/78), pertencente aos veciños dos lugares de Arufe, O Fontefreixo, Montecelo, Os Paraxuás, O Parañel e Pidre, parroquia de Corvelle, do concello da Pastoriza, clasificado polo Xurado con data do 18 de xuño de 1979. Con data do 15 de decembro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 44/16) para o monte Arufe de Aldoar, tendo en conta que no expediente de clasificación se incluía a parcela Rodeiro, que non se clasificou, e a superficie resultante é moi inferior ás 59 declaradas, e constatando a inexistencia de menoscabo da integridade do monte. Tendo en conta o anterior, o monte queda cunha superficie de 28,34 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Peiceira, Castro, Recón e Bidueiros (expediente 25/80), pertencente aos veciños da parroquia de Vilaesteva, do concello do Saviñao, clasificado polo Xurado con data do 30 de xuño de 1980. Con data do 13 de febreiro de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para este monte (nº 30/16), logo de solicitude formulada por Antonio López Jorge e César López Luaces (presidente e secretario da xunta reitora), que queda cunha superficie de 442 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Grande, Pedroso e Queimado (expediente 8/98), pertencente aos veciños da parroquia de Distriz, do concello de Monforte de Lemos, clasificado polo Xurado con data do 14 de decembro de 1999. Con data do 5 de decembro de 2016, tivo entrada un escrito presentado por Jesús Varela Tierra, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que adxunta. Con data do 29 de decembro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Grande, Pedroso e Queimado (nº 40/16), quedando o monte cunha superficie de 95,87 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Santa Bárbara ou da Vide (expediente 5/2002), pertencente aos veciños da parroquia da Vide, do concello de Monforte de Lemos, clasificado polo Xurado con data do 10 de decembro de 2003. Con data do 5 de decembro de 2016, tivo entrada escrito presentado por José Antonio Eiriz López, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda a revisión do esbozo conforme á documentación que xunta. Con data do 10 de xaneiro de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Santa Bárbara ou da Vide (nº 39/16), quedando o monte cunha superficie de 112,8 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de San Breixo (expediente 34/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Breixo de Parga, do concello de Guitiriz, clasificado polo Xurado con data do 25 de agosto de 1975. Con data do 21 de xullo de 2016, tivo entrada escrito presentado por Manuel Ferreiro Paderne, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 8 de xuño de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de San Breixo (nº 6/16), quedando o monte cunha superficie de 532,37 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía e tendo en conta as avinzas practicadas coas comunidades lindeiras. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Camilo (expediente 12/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Martiño de Anllo, do concello de Sober, clasificado polo Xurado con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 28 de setembro de 2016, tivo entrada escrito presentado por Domingo Guedella Álvarez, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 28 de novembro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Camilo (nº 21/16), quedando o monte cunha superficie de 101,69 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía e tendo en conta a avinza practicada coa comunidade de Bolmente. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Camilo (expediente 14/75), pertencente aos veciños da parroquia de Bolmente, do concello de Sober, clasificado polo Xurado con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 29 de novembro de 2016, tivo entrada escrito presentado por Susana Pérez Rodríguez, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 29 de novembro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Camilo (nº 22/16), quedando o monte cunha superficie de 654,28 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía e tendo en conta a avinza practicada coa comunidade de Anllo-San Martiño. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Sampaio, Mora, Aguianzo e Faramontaos (expediente 146/80), pertencente aos veciños da parroquia de Eiré, do concello de Pantón, clasificado polo Xurado con data do 22 de novembro de 1982. Con data do 12 de setembro de 2016, tivo entrada escrito presentado por Óscar Davite González, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 28 de novembro de 2016, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Sampaio, Mora, Aguianzo e Faramontaos (nº 11/16), quedando o monte cunha superficie de 398,09 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Caxigal, Gándara, Cotón e Seara (expediente 27/78), pertencente aos veciños da parroquia de Páramo, do concello de Castroverde, clasificado polo Xurado con data do 5 de febreiro de 1979. Con data do 23 de setembro de 2016, tivo entrada escrito presentado por Roberto Rodríguez Fernández, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 27 de xaneiro de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Caxigal, Gándara, Cotón e Seara (nº 16/16), quedando o monte cunha superficie de 152,58 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía e tendo en conta as avinzas coas comunidades de Mirandela, Furís e Agustín. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Chao da Canda e Pena Maceda-Lomba e Chao da Seara (expediente 43/75), pertencente aos veciños da parroquia de Vilavexe, do concello das Nogais, clasificado polo Xurado con data do 19 de xaneiro de 1976. Con data do 12 de setembro de 2016, tivo entrada escrito presentado por José Luis Alba García, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que adxunta. Con data do 23 de xaneiro de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Chao da Canda e Pena Maceda-Lomba e Chao da Seara (nº 12/16), quedando o monte cunha superficie de 226 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícanse os devanditos acordos.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no punto 3 da disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 31 de marzo de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo