Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 15 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2004/251-36).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, a persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 15 de marzo de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2004/251-36.

Interesado: Carlos Alberto Veiga Almeida.

Carta de identidade portuguesa: 5937569.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 25 de xaneiro de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: estimar a solicitude.