Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (598/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 598/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cecilia Villar Gómez contra Mami Plus, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Mutua Fremap, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 598/2015, seguidos por instancia de Cecilia Villar Gómez, asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (en diante, TXSS), asistidos pola letrada Sra. Suárez Herva; Mutua Fremap, asistida polo letrado Sr. Balo Couto; Mami Plus, S.L., que non compareceu malia a súa citación en legal forma, con base nos seguintes

Resolución

Estímase a demanda interposta por Cecilia Villar Gómez fronte a INSS, TXSS, Mutua Fremap e Mami Plus, S.L. e, en consecuencia, condénase a entidade demandada Mami Plus, S.L. a aboar á demandante a suma de 2.240,86 euros como obrigada directa ao pagamento da cantidade reclamada, sen prexuízo da obriga de anticipo do pagamento da prestación da mutua codemandada e responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia da mutua.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación (artigo 191.2.g) da LRXS).

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mami Plus, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza