Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (375/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 375/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Núñez Rendo contra Falcon Contratas y Seguridad, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 375/2015, sendo parte nel, como demandante, Ana Núñez Rendo, asistida pola letrada Sra. Erviti Álvarez, e, como demandada, Falcon Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte:

Resolvo estímase a demanda interposta por Ana Núñez Rendo e, en consecuencia, condénase a demandada, Falcon Contratas y Seguridad, S.A., a aboarlle á demandante a cantidade de 660,03 euros euros máis o xuro do 10 %. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Falcon Contratas y Seguridad, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza