Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (363/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 363/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Varela Fontenla contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 363/2015, en que foron parte, como demandante, José Luis Varela Fontela, asistido pola letrada Sra. Erviti Álvarez e, como demandada, Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Decido: estímase a demanda interposta por José Luis Varela Fontela e, en consecuencia, condénase a demandada Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 2.747,80 euros, máis o xuro do 10 %. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza