Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18444

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 28/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 28/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberte Miguel Taboada Gómez contra a empresa Masalo 10, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto, con data do 23 de marzo de 2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral que unía a Alberte Miguel Taboada Gómez coa executada Masalo 10, S.L. e condeno a executada a lle aboar a Alberte Miguel Taboada Gómez a suma de 2.014,27 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 3.900,87 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, do que resulta un total de 5.915,14 euros en concepto de principal, máis 591,51 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

Acumular a presente execución número 28/2017 á seguida nesta oficina xudicial co número 27/2017.

Lévese testemuño do presente á execución correspondente e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de revisión que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Masalo 10, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza