Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17974

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 647/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 647/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Gómez González contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administraccion concursal de Sumtec, S.L., sobre despedimento, se ditou con data 21 de marzo de 2017 sentenza cuya decisión di:

«Tense por desistido a Juan Carlos Gómez González da acción exercida fronte á entidade Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato foi interposta por Juan Carlos Gómez González contra as entidades Sumtec, S.L. e a administración concursal de Sumtec, S.L.; debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a Juan Carlos Gómez González coa entidade Sumtec, S.L., con efectos do 27 de xaneiro de 2016; debo condenar e condeno a entidade Sumtec, S.L. a que lle aboe ao demandante a indemnización a razón de 32.487,02 €, da cal debería ser descontada a cantidade recoñecida pola extinción colectiva da relación laboral a razón de 16.064,54 €. Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Carlos Gómez González contra a entidade Sumtec, S.L. e a administración concursal de Sumtec, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Sumtec, S.L., a administración concursal de Sumtec, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 13.542,90 € brutos por salarios devindicados entre outubro de 2014 e abril de 2015, ambos os dous inclusive, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais. Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Juan Carlos Gómez González contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., administración concursal de Sumtec, S.L. Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Carlos Gómez González contra as entidades Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., a cal debo absolver do pedido na súa contra. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada deste xulgado Pilar Carreira Vidal».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Puertas Blindex, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza