Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17972

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (525/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 525/2014 por instancia de Mutua Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales Fremap, contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Casual Kash, S.C., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 8.2.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda interposta pola Mutua Fremap fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Casual Kash, S.C. e, en consecuencia, condénase a empresa Casual Kash, S.C. a aboar a Mutua Fremap, como responsable directa, a cantidade de mil douscentos oito euros con setenta e oito céntimos de euro (1.208,87 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Casual Kash, S.C. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de abril de 2017

A secretaria xudicial