Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (351/2016 bis 2).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 351/2016 bis 2 por instancia de Rocío Mosquera Liñares contra a empresa Confecciones Deus S.L., a empresa Strass Textil, S.L., as empresas Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textil, S.L., Perseo Textil, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confección Ideal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato e cantidade, nos cales se ditou sentenza o 11.1.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Rocío Mosquera Liñares fronte a Confecciones Deus, S.L., Strass Textil, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L. Costura Invisible, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L. e Confección Ideal, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que unía a traballadora demandante con Confecciones Deus, S.L.

– Absólvense as sociedades Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L. e Strass Textil, S.L. das pretensións fronte a elas dirixidas.

– Condénase a empresa Confecciones Deus, S.L. a aboar á demandante as seguintes cantidades:

• Dezasete mil cincocentos sesenta e sete euros con cincuenta e sete céntimos de euro (17.567,57 euros) en concepto de indemnización.

• Tres mil cincocentos cincuenta e catro euros con setenta e sete céntimos de euro (3.554,77 euros) en concepto de salarios pendentes de pagamento.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Vainica Doble, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Deus Deluxe S.L., Strass Textil, S.L., Bendita Costura, S.L. e Pedracapela, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de marzo de 2017

A secretaria xudicial