Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17969

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 194/2016).

Neste órgano xudicial, no procedemento declarativo 194/2016, foi ditada a Sentenza nº 75, do 14 de novembro de 2016, cuxo texto íntegro poderá consultarse na Sección Civil deste xulgado. Contra a dita sentenza cabe interpoñer o recurso de apelación no prazo de vinte días hábiles contados desde a súa notificación.

Conforme o sinalado na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e na Instrucción 6/2012 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, fíxase para ese efecto este edicto no taboleiro de anuncios do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño, para a súa notificación ao demandado e edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado en rebeldía procesal, Ángel Fernández Lamas, esténdese este edicto para que lle sirva de notificación.

O Carballiño, 24 de marzo de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza