Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:
No presente procedemento XVB 112/2015 seguido por instancia de Ángeles Galván Tamame, María Victoria Elena Galván Tamame, Tomás María Galván Tamame, Ángeles Carmen Tamame Iglesias fronte ao Concello de Pontevedra e herdeiros de María Nieves Redondo González, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:
«Decido que desestimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Sanjuán Fernández en nome e representación de Ángeles Galván Tamame, María Victoria Elena Galván Tamame, Tomás María Galván Tamame e Ángeles Carmen Tamame Iglesias, contra os herdeiros de María Nieves Redondo González e o Concello de Pontevedra, e absolvo estes das pretensións deducidas fronte a eles.
Impóñense as custas a Ángeles Galván Tamame, María Victoria Elena Galván Tamame, Tomás María Galván Tamame e Ángeles Carmen Tamame Iglesias.
Notifíquese a presente resolución ás partes, con advertencia de que fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de 20 días.
Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante».
E encontrándose os devanditos demandados, herdeiros de María Nieves Redondo González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.
Pontevedra, 14 de febreiro de 2017
A letrada da Administración de xustiza