Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17976

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 18/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 18/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfredo Morales Cajaraville contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que se declara extinguida a relación laboral entre Alfredo Morales Caraville e a empresa Línea Norte Multiservicios, S.L. Acórdase o pagamento da seguinte indemnización e condena ás seguintes cantidades: 3.063,37 euros en concepto de indemnización e, en concepto de salarios de tramitación que se devenguen, ata a data da presente resolución, a cantidade de 58,63 euros diarios, sen prexuízo dos descontos que procedan.

Acórdase o arquivamento da presente execución debendo reclamarse as cantidades debidas mediante a interposición da correspondente demanda de execución.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de reposición».

Para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza