Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17348

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (32/2016).

Eu, Tatiana Villaescusa Martín, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de María José Ferreiro Castro contra Roberto Tojeiro Cabaleiro foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 122/2016.

Betanzos, 28 de setembro 2016.

Vistos por min, Roberto Barba Alvedro, en xuízo oral e público, os autos do xuízo verbal, dito sentenza sobre a base dos seguintes (...).

Decido:

Estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Ana Sexto Quintas, en nome e representación de María José Ferreiro Castro, e asistida da letrada Cristina Rodríguez, contra Roberto Tojeiro Cabaleiro, en rebeldía procesual, e coa intervención do Ministerio Fiscal, debo declarar disolto por divorcio o matrimonio celebrado entre María José Ferreiro Castro e Roberto Tojeiro Cabaleiro, con todos os efectos inherentes a tal declaración, coas seguintes medidas:

O uso e desfrute do domicilio conxugal, propiedade do pai da demandante, atribuirase en exclusiva a María José Ferreiro Castro, con quen convivirán os tres fillos.

Canto ao réxime de visitas a favor do pai, será o que libremente fixen as partes, de acordo con ela e as súas actividades, xa que o pai se comunica con ela sen problema.

O proxenitor deberá aboar, en concepto de pensión de alimentos a favor de cada un dos fillos do matrimonio, a cantidade de 150 euros mensuais, e debe satisfacer igualmente a metade do importe dos gastos extraordinarios. A pensión deberase ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a tales o proxenitor deberá aboar, en concepto de pensión compensatoria, a favor da demandante, de 400 mensuais, a cal deberá ingresarse dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para tales efectos designe a demandante, e será actualizable anualmente conforme ás variacións que experimente o IPC, ou índice que o substitúa. Sen imposición de custas procesuais.

Firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde estea inscrito o matrimonio.

Contra esta sentenza poderase interpor ante este xulgado recurso de apelación que se presentará por medio de escrito presentado neste xulgado.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E encontrándose o devandito demandado, Roberto Tojeiro Cabaleiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 21 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza