Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17350

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (194/2015).

Eu, Benita Mª Gándara Valije, secretaria xudicial de Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil (LAC), por este edicto se empraza, polo prazo de vinte días, a Logística Renza, S.L., co fin de comparecer no xuízo arriba indicado para contestar a demanda, cos seguintes apercibimentos: 1) Se non comparece dentro do prazo indicado, declararase en situación procesual de rebeldía e, notificada a súa rebeldía, non se lle volverá notificar ningunha resolución excepto a que poña fin ao procedemento (artigos 496 e 497 da LAC.); 2) Deberá comparecer con procurador que a represente e letrado que a defenda (artigos 23 e 31 da LAC); 3) Deberá comunicar a este órgano xudicial calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación do proceso (artigo 155.5 da LAC).

Cambados, 16 de setembro de 2015

A secretaria xudicial