Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17351

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (25/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 25/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Graciela Campos Fariña contra a empresa Juan Carlos Cortes Giuliano e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución

Estimando a demanda interposta por Graciela Campos Fariña condeno a empresa demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 12.345,56 euros máis o 10 % en concepto de xuros por demora.

Iso coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se debe anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación «depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Cortes Giuliano, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza