Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17353

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1057/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1057/2015, deste xulgado do social, seguido por instancia de Dana Lari contra Viasan Servicios, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 45/2017.

Na Coruña o 31 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 1057/2015, seguidos perante este xulgado por instancia de Dana Lari, representada polo letrado Miguel Taboada Pérez, contra Viasan Servicios, S.L., que non comparece, dito esta sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Dana Lari e condeno a empresa Viasan Servicios, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 2.343,15 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Viasan Servicios, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza