Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (813/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 813/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Cedrón Montero contra o Fogasa e Felipe Cordido Pernas, S.L.U., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 148/2017.

A Coruña, 21 de marzo de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento número 813/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Adrián Cedrón Montero, asistido da letrada Ángeles Ferreiro Suárez, contra Felipe Cordido Pernas, S.L.U. e o Fogasa, que non comparecen, dito esta sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Adrián Cedrón Montero contra Felipe Cordido Pernas, S.L.U. e declaro improcedente o despedimento do traballador e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a súa relación laboral coa empresa demandada, con efectos da data desta resolución, e condeno a empresa a se ater a esta declaración e a aboarlle ao demandante unha indemnización de 5.321,58 euros.

Así mesmo, condénase a empresa Felipe Cordido Pernas, S.L.U. a aboarlle ao demandante a cantidade de 3.719,23 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Felipe Cordido Pernas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza