Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17357

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (978/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 978/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Consorcio de Inversión y Administración Coinasa, S.L. contra Mármoles y Granitos O Val, S.L., Konkreto 2000, S.L., Aneiros y Romero, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Instituto Nacional da Seguridade Social, José Manuel Casais Caride e Fogasa, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza

A Coruña, 9 de marzo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento 978/2014, seguidos perante este xulgado por instancia de Consorcio de Inversión y Administración Coinasa, S.L., representada pola letrada Gema García Gómez, contra INSS e TXSS, representados pola letrada Mª Carmen García Sánchez, José Manuel Casais Caride, que comparece por si mesmo, e contra Aneiros y Romero, S.L., Mármoles y Granitos O Val, S.L. e Konkreto 2000, S.L., que non comparecen, dito esta sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Consorcio de Inversión y Administración Coinasa, S.L. contra INSS e TXSS, José Manuel Casais Caride, Aneiros y Romero, S.L., Mármoles y Granitos O Val, S.L. e Konkreto 2000, S.L., e acordo anular a declaración de responsabilidade solidaria da empresa Consorcio de Inversión y Administración Coinasa, S.L. contida na resolución de recarga de prestacións. Condénanse os demandados a se ateren a esta declaración.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Aneiros y Romero, S.L. e Mármoles y Granitos O Val, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza