Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17346

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (503/2016).

Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 503/2016, seguido por instancia de Mohamed El Haddadi Anahass, contra Carmen Sabel Fuentes, en que, por Resolución do 20 de xaneiro de 2017, se acordou publicar o seguinte:

«Sentenza 14/2017.

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez.

Demandante: Mohamed El Haddadi Anahass.

Procuradora: Sra. Fernández Rial López.

Avogada: Sra. Fernández Escudero.

Demandada: Carmen Sabel Fuentes (en rebeldía procesual).

Xuízo verbal 503/2016 sobre reclamación de cantidade, préstamo entre particulares.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017.

Decido que estimo totalmente a demanda interposta por Mohamed El Haddadi Anahass, representado pola Sra. Fernández Rial López, contra Carmen Sabel Fuentes, en situación de rebeldía procesual, e condeno a demandada a aboar ao demandante 3.200 euros, máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda (o 15 de setembro de 2016).

Iso con imposición de custas á demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa do depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do xulgado, debendo xustificar a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estimar total ou parcialmente restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos. Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado».

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza