Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16248

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (826/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 826/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Varela Calvo contra Promociones Riocesures, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza 113/2017.

A Coruña, 3 de marzo de 2017.

Decido:

Estimo a demanda formulada por Rocío Varela Calvo fronte á empresa Promociones Riocesures, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar á primeira a suma de 8.023,44 euros, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe. E para que sirva de notificación en legal forma a Promociones Riocesures, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial de Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza