Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (470/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 470/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio López García contra María Begoña Rego Mouriño sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña

Sentenza: 529/2016

Procedemento ordinario 470/2014

Sobre ordinario

Demandante: Antonio López García

Avogado: José Ángel Míguez Campos

Demandada: María Begoña Rego Mouriño

Sentenza.

A Coruña, 3 de novembro de 2016.

Ditame.

Estimo a demanda formulada por Antonio López García fronte a María Begoña Rego Mouriño e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 2.387,10 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos e en concepto de indemnización polo despedimento debida, así como o xuro por demora do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Social de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Begoña Rego Mouriño, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza