Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (948/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 948/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Alcoba García contra Euclides Información, S.L., Administracion Concursal Euclides Información S.L., Enrique Ugarte Timón, Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña

Sentenza: 95/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 948/2014

Demandantes: Ana Alcoba García.

Letrada: Sra. Vila Quintáns.

Demandada: Euclides Información, S.L.U.

Administración concursal de Euclides Información, S.L.

Fogasa

Sentenza nº 95/2017

A Coruña, 3 de marzo de 2017.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Ana Alcoba García fronte a Euclides Información, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar á primeira a suma de 5.527,85 euros, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

A administración concursal da demandada, así como en Fogasa, deberán aterse ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Euclides Información, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza