Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16242

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1051/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1051/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Muíño Rodríguez contra Fraga Onte, S.L.U. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 3 reforzo da Coruña

Sentenza: 94/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 1051/2014.

Demandantes: Marcos Muíño Rodríguez.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandados: Fraga Onte, S.L.U., Fogasa

A Coruña, 3 de marzo de 2017

Ditame.

Admito a demanda formulada por Marcos Muíño Rodríguez fronte a Fraga Onte, S.L.U. e en consecuencia condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 1.690,70 euros, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fraga Onte, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza