Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16241

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (291/2016).

P.O. Procedemento ordinario 291/2016

Demandante: Marina Pilar López Pardo

Avogado: Rafael Pazos Otero

Demandados: My Way Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 291/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marina Pilar López Pardo contra My Way Coruña, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marina Pilar López Pardo contra a entidade My Way Coruña, S.L. e debo condenar e condeno a entidade My Way Coruña, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.039,46 euros líquidos por salarios devindicados entre febreiro e marzo de 2015 e a liquidación do contrato, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal».

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa My Way Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza